Enviado aos colexiados e colexiadas o segundo número do boletín informativo do CPXG
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia vén de enviar o segundo número do boletín especial para colexiados e colexiadas co que informa de toda a actividade institucional realizada.
O boletín informativo do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia vai dirixido a todas as colexiadas e colexiados e súmase ao F5, de carácter máis xeral. Neste número destácanse, entre outras cuestións, a XVI Asemblea Xeral do Colexio, o nacemento de MediaMapa.Gal, un dos proxectos premiados coa bolsa Nacho Mirás ou os posicionamentos do CPXG en contra da violencia machista.
Se es colexiado ou colexiada e non recibiches o boletín informativo, podes escribir a xornalistas@xornalistas.gal e actualizar os teus datos para recibilo correctamente.
CPXG