Enviado aos colexiados e colexiadas un novo número do boletín informativo do CPXG
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia vén de enviar o cuarto número do boletín especial para colexiados e colexiadas co que informa de toda a actividade institucional realizada.
O boletín informativo do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia vai dirixido a todas as colexiadas e colexiados e súmase ao F5, de carácter máis xeral. Neste número destácanse, entre outras cuestións, os resultados da enquisa sobre a exposición aos riscos psicosociais dos xornalistas galegos, a selección dos nove xornalistas que impartirán os talleres da 3ª edición de Xornalismo na Escola, as recomendacións sobre información e sufrimento humano Informa_Dor, a nova sede do Colexio de Xornalistas ou os últimos comunicados do CPXG.
Se es colexiado ou colexiada e non recibiches o boletín informativo, podes escribir a xornalistas@xornalistas.gal e actualizar os teus datos para recibilo correctamente.
CPXG