Este mediodía celebrouse unha concentración para esixir a readmisión dunha traballadora despedida de La Región

A Federación de Servizos de UGT Galicia levou a cabo este mediodía unha concentración de prostesta masiva, con máis de 200 delegados sindicais de UGT, diante das instalacións da empresa La Región, na Rúa Paseo de Ourense.
O motivo desta mobilización é esixir a readmisión inmediata no seu posto de traballo en La Región da delegada sindical Eva Gómez, despedida fulminantemente pola mencionada empresa o pasado 14 de decembro, en pleno proceso de negociación do convenio colectivo, formando parte a compañeira da mesa negociadora do mesmo.

UGT considera que este despedimento é un bo exemplo das constantes prácticas antisindicais, arcaicas e autoritarias de La Región, xa que a empresa xa foi condenada en sentenza firme polo TSXG fai tres anos por vulnerar o dereito á liberdade sindical de Eva Gómez.

UGT anuncia que vai continuar promovendo mobilizacións e todos os métodos legais ao seu alcance até conseguir a readmisión da compañeira.

Federación de Servizos de UGT
Sindicato Comarcal de Ourense

OURENSE
UGT