Este sábado 13 dáse a coñecer en Ferrol o fallo da XV edición do Premio José Couso

O anuncio do fallo da XV Edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol coñecerase este sábado 13 de abril ás 12:00 horas no Centro Torrente Ballester de Ferrol (Rúa Concepción Arenal s/n).

Na rolda de prensa, na que se fará pública a identidade de quen gañou, van intervir:
 
  • Francisco X. González Sarria, decano do Colexio de Xornalistas
  • Xulia Díaz Sixto, presidente do Club de Prensa de Ferrol
  • Darío Janeiro, secretario do Premio José Couso
  • Jorge Suárez Fernández, alcalde de Ferrol
 
As catro candidaturas presentadas este ano foron Carole Cadwalladr, #DefendeAGalega, o Diario de Mallorca e as delegacións baleares de Europa Press e Efe, e Juan Moreno.
 
Os actos de entrega celebraranse o próximo 3 de maio no Teatro Jofre de Ferrol.
 
CPXG