Este xoves preséntase a III Edición da Bolsa ‘Nacho Mirás’ para novos titulados
Este xoves, 26 de abril de 2018, ás 12:00 horas, vai presentarse a terceira edición da Bolsa ‘Nacho Mirás’ para novos titulados, na Aula 3 da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC (Avda. de Castelao s/n) en Santiago de Compostela.
O acto vai contar coa presenza de:
- Xosé Ramón Pousa, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
- Xosé Manuel Pereiro, vicedecano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
- Ramón Mariño Pérez, director de zona de Santiago Cidade de Abanca
Ao remate das intervencións, serán presentados, polo seu autor e autora, o traballo gañador da pasada edición: Feira.
CPXG