Fernando Varela: "A descapitalización humana dos medios vai pasar unha factura enorme"

Fernando Varela, cofundador e redactor xefe de infoLibre.es, aborda nesta entrevista os problemas que, desde o seu punto de vista, máis impactan no xornalismo: a precaridade, a desinformación, os extremismos, o control do poder, a deontoloxía ou a formación dos futuros xornalistas. Varela ten unha ampla experiencia nos medios de comunicación. Na súa traxectoria figuran El Correo GallegoLa Opinión de A CoruñaLa Voz de GaliciaEl País ou Público, antes de embarcarse no seu actual proxecto dixital, o primeiro que apostou decididamente no Estado polo muro de pagamento. É profesor asociado de xornalismo na UC3M e formou parte da Xunta de Goberno do Colexio de Xornalistas. Afincado actualmente en Madrid, repasa nesta conversa o papel do Goberno, pero tamén dos medios, durante a pandemia.

–Como valoras o papel dos medios de comunicación durante a pandemia?

Houbo de todo. Algúns medios e algúns xornalistas estiveron á altura e mobilizaron os recursos necesarios para afrontar un evento informativo desta magnitude. Outros optaron por manterse na superficie. E iso sen esquecer os que decidiron utilizar a pandemia para alimentar o discurso dos partidos políticos e a polarización pública.

Accede á entrevista completa para colexiados e colexiadas aquí