Ferramentas para un xornalismo ambiental responsábel

Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, recollemos algunhas das guías e recomendacións para informar de maneira axeitada sobre o medio ambiente, o cambio climático e a sustentabilidade nos medios de comunicación. 

Este 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, unha data que este ano a Organización das Nacións Unidas centra na contaminación do aire, chamando á acción para axudar a combater un grave problema que afecta a millóns de personas en todo o mundo. O obxectivo, dentro do marcado na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentábel é "eliminar de forma progresiva a nosa contribución individual ao quencemento global" e deter os efectos perniciosos da contaminación atmosférica na nosa saúde e na do planeta. 

Á loita contra o cambio climático tamén é posíbel contribuír dende os medios. En marzo deste 2019 presentábase o Decálogo de recomendaciones para informar sobre el cambio climático, elaborado pola Fundación Ecología y Desarrollo e o Grupo de Investigación Mediación Dialéctica da Comunicación Social da Universidad Complutense de Madrid, que convida aos medios e xornalistas a comprometerse co cumprimento dos puntos desta declaración. Máis de cincuenta medios xa se adheriron ao documento, cuxas recomendacións poden ser completadas con outras como as da Guía para periodistas sobre cambio climático y negociación internacional

A maiores, existen outras guías e ferramentas para xornalistas que axundan a informar con responsabilidade sobre o medio ambiente. Entre outras, podemos destacar a Guía Apia de legislación ambiental, elaborada pola Asociación de Periodistas de Información Ambiental, La Red Natura 2000: Una guía para comunicadores da Sociedade Española de Ornitoloxía ou Comunicar la sostenibilidad: Guía para periodistas da UNESCO. E no ámbito galego podemos acudir aos documentos e informes da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ou de organizacións ecoloxistas como Adega ou Verdegaia

CPXG