Industria asegura que o apagamento de canles de TDT finaliza "de forma satisfactoria"
O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo asegurou que a liberación do dividendo dixital está a concluír "de xeito satisfactorio" despois de que, durante a madrugada do luns 30 ao martes 31, se levaran a cabo os labores técnicos de apagado das canles de TDT situadas nas antigas frecuencias.
O pasado 26 de outubro trasladáronse todas as canles ás frecuencias definitivas e as operadoras de televisión habilitaron emisións en simulcast (emisión pola frecuencia antiga e a nova) para facilitar aos cidadáns a adaptación das antenas colectivas. Desde a madrugada do luns ao martes finalizaron as emisións en simulcast e unicamente se emitirá polas frecuencias definitivas. (Segue lendo...)
EUROPA PRESS / EFE
EUROPA PRESS / EFE