Íñigo Caínzos gaña o V Premio de Comunicación Científica “Contar a Ciencia-la Caixa“

Íñigo Caínzos Achirica, estudante de terceiro de Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, é o gañador da quinta edición do premio universitario de comunicación científica “Contar a Ciencia-la Caixa“, que convoca a Real Academia Galega de Ciencias e no que participa o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. 

A reportaxe premiada, Un reloxo para a independencia, conta o proxecto de tres estudantes da universidade compostelá que deseñaron un dispositivo intelixente que axuda a persoas maiores cun grao de dependencia leve. 

O xurado, encabezado polo presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Miguel Ángel Ríos, e no que participou o decano do Colexio de Xornalistas, Francisco X. González Sarria, escolleu tamén como finalistas ás reportaxes Os fármacos do futuro contra o cancro e a sida fanse en Santiago, de Paula Martínez Graña, e Unha sociedade descorazonada, de Yago Grela.

O acto de entrega dos galardóns terá lugar o 28 de xuño no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela.

CPXG