Lars Björk, expulsado a Europa despois da súa detención en El Aium

O fotógrafo sueco Lars Björk, detido pola policía marroquí en El Aium o pasado 19 de febreiro, foi expulsado do Sáhara occidental mediante o procedemento expeditivo de obrigalo a coller o primeiro autobús en dirección a Agadir, desde onde tivo que embarcar nun voo para Europa.
Arrestado por ter fotografado a manifestantes saharauís aínda que non tiña acreditación para iso, o xornalista pasou a xornada do 20 de febreiro na comisaría de El Aium.

Os policías presentáronlle unha declaración verbal que se negou a firmar porque estaba en árabe, e pouco despois foi advertido de que debía abandonar o territorio sen dilación.

SAHARA OCCIDENTAL
PERIODISTAS-ES
Hajar Smouni