Luis Fernández, presidente de RTVE: "Avecíñase un magnífico futuro"
RTVE deu un paso adiante na súa historia. O Salón de Conferencias do Congreso foi testemuña dun xuramento sen precedentes: o do primeiro presidente da nova Corporación electo por esta Cámara, e non a dedo polo Goberno, co consenso dos principais partidos políticos.
O pasado 19 de decembro, PP e PSOE deron o visto e prace para o cargo ó xornalista Luis Fernández e os seus once conselleiros que, a partir de agora, se encargarán de xestionar a nova RTVE.
Tras a súa toma de posesión, Fernández declarou á prensa que "comeza un mandato de independencia e servizo público". O novo presidente sinalou que "rematáronse os malos presaxios de que RTVE se acababa" e tivo palabras para os traballadores da Corporación, a quen dixo que "poden sentirse aliviados" xa que "se aveciña un magnífico futuro". "Rematamos de nacer e hoxe estamos na mellor das situacións", sentenciou.
Os 12 conselleiros que integran o Consello de Administración da nova Corporación de RTVE (incluído o presidente) xuraron hoxe os seus cargos no Congreso nun acto solemne no que estiveron presentes os portavoces dos grupos parlamentarios, o presidente do Congreso, Manuel Marín, e o do Senado, Javier Rojo, e a vicepresidenta do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, entre outras personalidades políticas.
Todos foron electos polo Parlamento e así llo lembrou Marín: "Estades nesta nova responsabilidade grazas ó acordo político de todos os grupos. Non era doado, pero conseguiuse".
Oito dos conselleiros foron apoiados na Cámara Baixa polos grupos parlamentarios: Luis Fernández e Miguel Ángel Sacaluga a proposta do PSOE; Jesús Andreu e Manuel Esteve a proposta do PP; Teresa Aranguren, a proposta de IU; Francesc Bellmunt, por ERC; Héctor Maravall, por CCOO e Santos Miguel Ruesga, a proposta de UGT.
Os cuatros restantes foron electos polo Senado: Mari Cruz Llamazares, polo PSOE; Andres Martín Velasco e Rosario López Miralles, polo PP e José Manuel Silva Alcalde, por CiU.
Tanto o PSOE como o PP tiñan catro conselleiros cada un, pero o grupo parlamentario socialista cedeu un a IU. Non obstante, estes dous grupos, xunto co de ERC, chegaran a un acordo para nomear os seus conselleiros así como a elaboración dun decálogo cos principios que guiarán a súa actuación.
Saneamento e independencia do Goberno
O seu cometido a partir de agora será sacar adiante a nova RTVE, inmersa nun proxecto de saneamento que prevé a supresión de 4.150 postos de emprego (de máis de 10.000) nos próximos dous anos. O expediente de regulación de emprego (ERE) foi apoiado polos traballadores e os sindicatos e contempla a xubilación dos maiores de 50 anos.
A reforma de RTVE pretende sanear as contas da radio e a televisión estatal, endebedadas en máis de 7.500 millóns de euros, polo que se prevé a destitución automática dos membros do Consello no caso de que durante dous exercicios consecutivos non cumpran os obxectivos orzamentarios.
Pero ademais do aspecto económico, no trasfondo desta reforma figura a intención do Goberno de afastar ó Ente da dependencia gobernamental que tivo tradicionalmente.
Así, a nova Corporación de RTVE goza de autonomía na súa xestión e actuará con independencia funcional respecto do Goberno e da Administración Xeral do Estado. Creouse cun capital social inicial de 100.000 euros, integramente subscritos pola Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI).
Tras a toma de posesión, os novos vocais celebran a primeira reunión do Consello para fixar sobre todo cuestións relativas ó seu funcionamento.
MADRID
EL MUNDO
Raquel Quílez