Manifesto en defensa do dereito á información e liberdade de prensa

Ante a intervención policial e xudicial do 11 de decembro en diversos medios de comunicación baleares (Diario de Mallorca e Europa Press), a Asociación de Xornalistas das Illas Baleares (AIPB) promove un manifesto para esixir respecto ao exercicio dos xornalistas na súa labor informativa con garantías de independencia e liberdade. Segundo indica AIPB, a policía xudicial requiriu tamén documentos a EFE, fai algunhas semanas, solicitando a unha xornalista información sobre as súas fontes.

Na seguinte ligazón pódese consultar dito manifesto e adherirse a el enviando un correo electrónico indicando o nome completo e cargo/profesión a aperiodistasib@gmail.com, para reclamar un xornalismo libre.

Neste sentido, a Rede de Colexio de Xornalistas rexeitou de forma taxante a actuación policial e xudicial sobre os medios baleares ao entender que é un ataque ao dereito ao segredo profesional dos xornalista, esixindo unha rectificación pública á fiscalia xeral do Estado.

CPXG