Miles de persoas despiden en Estambul ó xornalista asasinado Hrant Dink

Decenas de miles de persoas reuníronse en Estambul baixo estritas medidas de seguridade para rendir a súa última homenaxe a Hrant Dink, xornalista e respectado membro da comunidade armenia de Turquía, asasinado o pasado venres.
En primeiro lugar celebrouse unha cerimonia ante o semanario 'Agos' do que Dink, de 52 anos, era director e un dos seus fundadores. Á chegada do coche fúnebre que transportaba o cadaleito do xornalista, os asistentes aplaudiron sen cesar durante cinco minutos e despois fíxose cho un arrepiante silencio.

A continuación soltáronse varias pombas ó aire e a multitude, que levaba carteis cos lemas 'Todos somos armenios' e 'Todos somos Hrant', en turco e en armenio, lanzou claveles amarelos e vermellos sobre o coche fúnebre.

Despois, un músico interpretou varias melodías co seu 'doudouk', un instrumento de vento tradicional armenio.

"Nun país no que a palabra armenio é un insulto para moita xente, é un gran paso dicir hoxe 'todos somos armenios'", declarou o xornalista armenio Raffi Hermonn.

Centenares de policías despregáronse na zona para asegurar a orde e polo menos dúas barricadas foron levantadas nos arredores de Osmanbey, no centro da zona europea da primeira metrópole turca.

A policía e a xendarmería colocaron francotiradores sobre os tellados dos edificios da zona.

Os permisos dos policías da cidade foron revogados e reforzouse a seguridade con reforzos procedentes de provincias veciñas.

Rakel Dink, que se dirixiu entre bágoas á multitude, dixo que para o seu home non había "tabúes nin intocables".

"Dicímoslle o último 'ata a vista' ó meu querido home, ó patriarca da nosa familia e á metade do meu corpo", subliñou nun discurso moi emotivo.

O presunto asasino do xornalista, un home de 17 anos, próximo ó grupo ultranacionalista de Trebisonda, onde vivía, está detido e segue sendo interrogado pola policía.

Os asistentes ó funeral iniciaron despois do acto ás portas do semanario unha marcha ata a igrexa do patriarcado armenio para a cerimonia relixiosa, á que seguiu a inhumación do cadáver na intimidade dun cemiterio armenio da cidade.

A comitivia seguiu o cadaleito durante un traxecto de oito quilómetros vixiado por preto de 6.000 policías.

ESTAMBUL
EL MUNDO / AFP