Novo convenio coa Unión Madrileña de Seguros

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia vén de asinar un novo convenio coa Unión Madrileña de Seguros. Con este acordo, os colexiados e colexiadas poden beneficiarse de condicións especiais na contratación den polizas sanitarias.

En concreto, as colexiadas e colexiados poderán contratar, desde 30€ de prima mensal, un seguro sanitario que inclúe medicina xeral e especialidades, probas diagnósticas e técnicas especiais, rehabilitación e fisioterapia, intervencións cirúrxicas e prótesis, hospitalización en cuarto individual (até 50 días ao ano), asistencia de urxencia no estranxeiro, psicoloxía e hospitalización psiquiátrica, programas de medicina preventiva e cobertura dental completa. Con máis de 15.000 especialistas e 4.500 profesionais en atención primaria e máis de 1.400 centros asistenciais e 370 hospitais concertados. Para poder acollerse a esta promoción cumpre tramitala ao longo do mes de novembro. Para máis información podes consultar aquí.

Este convenio engádese ao resto que se poden ver na sección Descontos da nosa web, así como aos que se preven asinar en breve. Se aínda non dispós das claves para acceder aos documentos e códigos dos convenios, podes solicitalas no enderezo xornalistas@xornalistas.gal ou no teléfono 981 935 670.

CPXG