Novo convenio con Aon

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia vén de asinar un novo convenio con Aon. Con este acordo, os colexiados e colexiadas poden beneficiarse de condicións especiais na contratación dun seguro de responsabilidade civil específico para xornalistas.

En concreto, esta poliza específica para profesionais da comunicación contempla coberturas paraa responsabilidad civil profesional, infidelidade de empreagdos, perda de documentos, protección de datos, gastos de rectificacion, gastos de restitución de imaxe, gastos de asistencia psicolóxica, propiedade intelectual, intrromisión ou danos á reputación e inhabilitación para a práctica profesional, ademais doutras características.

Este convenio engádese ao resto que se poden ver na sección Descontos da nosa web, así como aos que se preven asinar en breve. Se aínda non dispós das claves para acceder aos documentos e códigos dos convenios, podes solicitalas no enderezo xornalistas@xornalistas.gal ou no teléfono 981 935 670.

CPXG