Novos convenios colectivos de radio e prensa diaria

Nas últimas semanas foron publicados novos convenios que regulan as condicións laborais de boa parte dos traballadores estatais da radio e da prensa. 

O pasado 1 de outubro, o Boletín Oficial do Estado publicaba o III Convenio colectivo de ámbito estatal da radiodifusión comercial sonora. O convenio, cunha vixencia de dous anos prorrogábeis, vén a substituír ao anterior, de 2017, e entra en vixencia desde o 1 de xaneiro deste mesmo ano. O novo texto regulador do sector radiofónico actualiza as táboas salariais, fixándoas até o 2020. 

Así mesmo, a finais de agosto publicábase tamén o VI Convenio colectivo estatal del sector de prensa diaria, que se aplicará con se aplicará con efectos retroactivos desde o inicio deste ano e estará en vigor até o 2021, inclusive. O novo convenio foi asinado en xuño deste ano, logo dunhas difíciles negociacións nas que se chegou a propor unha folga do sector. O texto estabelece unha suba salarial do 2 % para cada un dos anos de vixencia, así como a desaparición do grupo 7 de cotización (mozo ou persoal de limpeza), que se integra no 6 por ficaren os salarios previstos por baixo do Salario Mínimo Interprofesional.

Coa publicación destes dous convenios regulase a situación laboral de todas o persoal das emisoras radiofónicas e da prensa diaria que non teñan convenios específicos das súas empresas, afectando a unha boa parte da profesión xornalística. 

CPXG