Novos retos para a protección dos menores nos medios
A proliferación de contidos potencialmente perigosos para os menores, salientada polo Consell de l'Audiovisual de Catalunya no seo da Plataforma Europea de Autoridades Reguladoras, ou o xeito correcto de entrevistar a nenos, nenas e adolescentes, motivo dunha guía editada pola ONG Educo, reveláronse nos últimos días como novos desafíos á hora de realizar unha comunicación responsábel cos dereitos dos menores.
Este xoves 30 de maio, o presidente do Consell de l'Audiovisual de Catalunya, Roger Loppacher, interviña na sesión da Plataforma Europea de Autoridades Reguladoras (EPRA) para presentar as actuacións do CAC dirixidas a protexer aos menores no ámbito dixital. Loppacher explicou que “O CAC comezou a actuar sobre internet por dúas razóns: en primeiro lugar, porque constatamos un cambio notábel nos hábitos de consum, especialmente entre a xente máis nova; e en segundo lugar, porque detectamos que la maioria dos contidos prexudiciais non están na radio ou na televisión, senon no entorno de internet”. O presidente do CAC lamentou que mentres a radio e a televisión velan pola corrección dos contidos, nas plataformas de internet pode atoparse unha concentración moi elevada de contidos prexudiciais, algúns especialmente graves. A transposición da nova directiva sobre servizos de comunicación audiovisual de novembro do 2018, que inclúe as plataformes para compartir vídeos e determinados contidos das redes sociais, dá ás entidades reguladoras maior poder para tentar frear a presencia en internet de contidos ilícitos ou prexudiciais.
Así mesmo, a ONG internacional de Dereitos da Infancia Educo editaba estes últimos días unha guía que tenta dar protexer tamén aos menores desde unha nova perspectiva. A Guía Educo para entrevistar a nenos, nenas e adolescentes con enfoque de dereitos proporciona pautas para que os profesionais poidan informar de maneira máis responsábel sobre cuestións relacionadas cos nenos e adolescentes, tendo en conta os catro principios destacados na Convención sobre os Dereitos do Neno: o interese superior do neno, a non discriminación, a participación infantil e o dereito á vida, a supervivencia e o desenvolvemento. Deste xeito, foméntase a participación e protagonismo dos menores nas novas ou informacións relacionadas coa infancia e a adolescencia sen renunciar por iso a un enfoque axeitado e responsábel.
Estas dúas novas mostran a necesidade dunha actualización constante para abordar novas perspectivas e responder aos novos desafíos relativos á defensa dos menores nos medios de comunicación, un tema no que o Colexio de Xornalistas ten insistido en numerosas ocasións. As ferramentas que xurdan destes novos retos haberán sumarse ás xa existentes, como as as recomendacións realizadas polo Colexio de Xornalistas en textos como a Guía práctica para o tratamento informativo sobre menores, as Recomendacións sobre o tratamento nos medios dos casos de violencia que afecten a menores ou as Recomendacións extraídas do foro sobre comunicación e xuventude.
CPXG