O Boletín da Comunicación do CPXG xa ten 900 subscritores
O F5 Boletín da Comunicación de Galicia conta xa con 900 persoas interesadas en recibir toda a información da semana sobre últimos os acontecementos no mundo da comunicación e do xornalismo.
O boletín comezouse a publicar o 6 de novembro de 2001, e, desde hai catro anos, non parou de enviar cada venres as noticia máis interesantes sobre os cambios no mundo da comunicación. Ti tamén podes subscirbirte e recibir de balde no teu correo electrónico as noticias máis importantes da semana, seleccionadas polo Colexio de Xornalistas de Galicia.