O boletín F5 chega ao número 900

O F5, Boletín de Comunicación de Galicia, que envía ao remate de cada semana o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, acada este venres 10 de xuño os 900 números. A newsletter, nada en outubro de 2002, recolle a información máis salientábel da semana para colexiadas e colexiados, xornalistas e público en xeral. 

Nestes 900 números publicados ao longo do 2021, a cita co boletín electrónico F5 os venres (agás nos festivos, cando se traslada ao último día laborábel da semana) foi dando boa conta da actualidade da comunicación en Galicia e da actividade do Colexio de Xornalistas. O seu formato foi evolucionando co tempo até chegar ao actual, no que destaca distintas informacións disponíbeis na páxina web do Colexio de Xornalistas baixo os epígrafes de "Novas", "Axenda", "Eventos Plus" e "Cursos". 

Se queres recibir o F5 Boletín da Comunicación de Galicia todas as semanas no teu enderezo de correo electrónico só tes que encher o formulario que atoparás ao pé da páxina xornalistas.gal. E para realizar calquera consulta ou cambiar o teu enderezo de correo, podes enviar un mail a xornalistas@xornalistas.gal.

CPXG