O Colegio de Periodistas de Aragón avanza cara á súa constitución

O Colegio Profesional de Periodistas de Aragón dá un paso adiante cara á súa constitución coa presentación a información pública do seu anteproxecto de Lei. O órgano colexial, que comezou a proporse no 2007, sumaríase aos nove xa existentes no Estado. 

anteproxecto de Lei de creación do Colegio Profesional de Periodistas de Aragón foi sometido esta semana a información pública por parte do Goberno de Aragón, iniciándose así os trámites para a súa aprobación. Tras a información pública e audiencia ás persoas interesadas, ademais da emisión de informes por parte do Departamento de Presidencia, o texto volverá al Consejo de Gobierno para estimar a súa aprobación como proxecto de lei e remitilo ás Cortes de Aragón.

O colexio aragonés é unha longa reclamación da Asociación de Periodistas de Aragón (APA), que xa aprobou en 2007, a través da súa Asemblea Xeral, impulsar a súa creación. Mentres se avanzan nos trámites legais, a APA convocou una asamblea extraordinaria de socios o vindeira día 14  para analizar o contenido da futura Lei e ir preparando a redacción dos estatutos da nova entidade.

Actualmente, ademais do de Galicia, están constituidos os colexios profesionais de xornalistas en Cataluña, Murcia, AndalucíaCastela e León, o País Vasco, A RioxaAsturias e Navarra

CPXG