O Colegio de Periodistas de La Rioja publica un código de autorregulación para unha comunicación non sexista

O Colegio de Periodistas de La Rioja vén de publicar, o Código Deontológico y de Autorregulación para una Comunicación y Publicidad no Sexistas, realizado a petición do Concello de Logroño.

O Colegio de Periodistas de La Rioja vén de elaborar, a petición do Concello de Logroño, o Código Deontológico y de Autorregulación para una Comunicación y Publicidad no Sexistas, que quere sensibilizar e servir de ferramienta ao consistorio da capital rioxana e a outros organismos oficiais, medios de comunicación e empresas de publicidade e márketing para que practiquen unha comunicación e publicidade non sexistas.

O código, que foi presentado o pasado venres pola alcaldesa, Cuca Gamarra, e a decana do colexio, Ana Castellanos, está elaborado pola xornalista Mónica Arnau e recolle exemplos de boas e malas prácticas, así como recomendacións para mellorar a comunicación. Na redacción do mesmo colaboraron distintos representantes da administración local, medios de comunicación, empresas de márketing e publicidade, organismos oficiais e asociacións profesionais. 

O Código Deontológico y de Autorregulación para una Comunicación y Publicidad no Sexistas pode descargarse na páxina web do Colegio de Periodistas de La Rioja. Contodo, desde o colexio rioxano advirten que as recomendacións "son orientativas e non deben tomarse como solucións válidas para calquera contexto. A linguaxe non sexista non se reduce a unha serie de técnicas. É unha actitude".

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia tamén ten realizado e publicado varios traballos arredor da comunicación non sexista, como o Informe sobre o sexismo na publicidade dos medios de comunicación de Galicia ou as Recomendacións extraídas do foro sobre comunicación e xénero.

CPXG