O Colexio de Xornalistas abre unha canle en Telegram
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia vén de abrir unha nova canle informativa en Telegram para seguir ao minuto toda a actualidade relativa ao órgano de representación dos xornalistas galegos.
Todas as persoas interesadas en recibir a información do Colexio de Xornalistas poden sumarse á canle https://t.me/xornalistas. Coa apertura desta canle, o Colexio quere ampliar as posibilidades de comunicación co conxunto da profesión e coa sociedade galega en xeral, de xeito que ninguén poida quedar sen acceso á actualidade do xornalismo galego.
Para recibir a información a través desta canle, é preciso ter instalado nun dispositivo móbil a aplicación de Telegram (que se pode descargar aquí para iOS e aquí para Android). Unha vez instalada, só é preciso unirse á canle a través do enlace t.me/xornalistas. Ademais desta nova canle, o Colexio de Xornalistas está presente en Twitter, Facebook, Youtube e Instagram.
CPXG