O Colexio de Xornalistas acolle con pesar a morte de Carlos Fernández Santander

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia lamenta profundamente o falecemento este domingo 28 de setembro do xornalista e colexiado Carlos Fernández Santander e quere trasladar o pésame á súa familia e persoas achegadas.

Nado na Coruña en 1944, Carlos Fernández Santander foi redactor de El Ideal Gallego (entre 1977 e 1981) e La Voz de Galicia (desde 1983 até a súa xubilación) e comentarista radiofónico en Antena 3 Galicia e Radiovoz, ademais de colaborou nas revistas Defensa, Historia 16, Naval, Cambio 16, El Ciervo, La Aventura de la Historia ou en Diario 16. Coñecido tamén como historiador, ademais de numerosos libros sobre a guerra civil e o franquismo, estudou a historia do xornalismo galego en títulos como "El Ideal Gallego" : 75 años de historia (1917-1992) (1993), "La Voz de Galicia", crónica de un periódico (1993), Juan Fernández latorre, periodista y politico coruñes (1995), Victoria Armesto: escritora, periodista y política (2000) ou Augusto Assía, un periodista en vanguardia (2020). 

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia quere transmitir as condolencias e o cariño de toda a profesión á familia e amizades de Carlos Fernández Santander.

Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia