O Colexio de Xornalistas amosa o seu apoio aos profesionais de 'La Región'

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) quere reiterar o seu apoio ós traballadores e traballadoras do xornal ourensán La Región afectados por un Expedente de Regulación de Emprego que nos próximos días entra na sua recta final de negociación e conversas.
Dende o CPXG queremos expresar ós editores-propietarios do xornal o noso desexo de que atopen fórmulas que eviten esta situación crítica para a sua plantilla, tendo en conta que a empresa ten plasmado a sua viabilidade económica nas suas últimas contas de resultados.

Así mesmo esta Xunta de Goberno manifesta públicamente a confianza en que as autoridades laborais da Xunta de Galicia saberán resolver éste expediente con obxectividade, tal e como teñen sinalado públicamente.

Asemade, o CPXG faise eco da preocupación dos colexiad@s ós que representa, polo actual contexto económico e pola repercusión que éste está a ter na situación laboral da profesión, e aproveita para volver a reclamar das institucións que atopen fórmulas para ligar a concesión de axudas ás empresas de comunicación co mantemento do emprego e a non precarización do traballo xornalístico, comprometéndose tamén a que esas axudas sexan destiñadas ó obxecto real para o que son concedidas.

XUNTA DE GOBERNO
COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA