O Colexio de Xornalistas asina o Pacto Dixital para a Protección das Persoas da AEPD

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia adheriuse ao Pacto Dixital para a Protección das Persoas, impulsado pola Axencia Española de Protección de Datos para promover un grande acordo pola convivencia cidadá no ámbito dixital, estabelecendo a privacidade como un activo para organizacións públicas e privadas, impulsando a transparencia para que a cidadanía coñeza que datos se están a recabar e para que se usan e fomentando que as tecnoloxías eviten perpetuar nesgos ou aumentar as desigualdades.

O documento do Pacto Dixital para a Protección das Persoas, presentado a pasada semana no I Foro de Privacidade, Innovación y Sustentabilidade, inclúe un decálogo de boas prácticas en privacidade para medios de comunicación para defender a privacidade e as vítimas da violencia dixital.

Coa sinatura do pacto, o Colexio de Xornalistas reafirma o seu compromiso coa privacidade e a seguridade dixital e comprométese, xunto co resto de organizacións adherintes, a implantar os principios e recomendacións recollidos no mesmo, así como a difundir entre o persoal e usuarios a Canle prioritaria creada para que se solicite a eliminación urxente de contidos sexuais e violentos na internet.

CPXG