O Colexio de Xornalistas de Galicia condena o atentado contra a EiTB e solidarízase cos xornalistas vascos

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) quere mostrar a súa máis enérxica condena ó atentado da banda terrorista ETA contra a sede da EiTB en Bilbao e expresar a súa solidariedade cos traballadores deste medio e de Antena 3, Expansión, Deia, El Mundo, Onda Cero e Marca, tamén ubicados nas mesmas instalacións.
O Colexio de Xornalistas entende que este acto violento é un ataque directo contra a liberdade de expresión e contra o dereito dos cidadáns a recibiren unha información libre, veraz e independente, polo que se solidariza cos xornalistas que traballan no País Vasco e que empregan a palabra fronte as armas e os coches bomba.

Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG)