O Colexio de Xornalistas e a Fundación Barrié reúnen a xornalistas e entidades sociais no networking 'Coñecerse para comprenderse'

  • Grupo de traballo no Networking 'Coñecerse para comprenderse' (Foto: Fundación Barrié)
  • Participantes no networking 'Coñecerse para comprenderse' (Foto: Colexio de Xornalistas)
  • Grupo de traballo no Networking 'Coñecerse para comprenderse' (Foto: Fundación Barrié)
  • Grupo de traballo no Networking 'Coñecerse para comprenderse' (Foto: Fundación Barrié)
  • Presentación das conclusións do networking 'Coñecerse para comprenderse' (Foto: Colexio de Xornalistas)

A Fundación Barrié e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia organizaron este mércores 18 de outubro na sede da Fundación Barrié na  Coruña o networking "Coñecerse para comprenderse", no que participaron de maneira conxunta 15 xornalistas e 21 representantes de entidades sociais galegas.

A Fundación Barrié e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia organizaron este mércores 18 de outubro na sede da Fundación Barrié na  Coruña o networking "Coñecerse para comprenderse", no que participaron de maneira conxunta 15 xornalistas e 21 representantes de entidades sociais galegas.

O acto foi inaugurado por María Isabel Pérez, directora de Acción Social da Fundación Barrié, que sinalou “a importancia  de actividades como esta, enfocadas a crear un espazo de traballo común entre xornalistas e ou terceiro sector social galego”. Francisco X. González Sarria, decano do Colexio de Xornalistas. Pérez destacou o carácter "experimental" desta xornada, na que por primeira vez se reúnen entidades do terceiro sector e xornalistas baixo o lema "Coñecerse para comprenderse". González Sarria, pola súa banda, insistiu nesta vontade de coñecerse e salientou a importancia do diálogo para que ambos os dous sectores saiban "que facemos mal e entendamos as situacións de vulnerabilidade". 

Nesta vontade de diálogo, o decano quixo lembrar tamén o traballo desenvolvido no último ano co Colexio de Psicoloxía de Galicia, que culminou no documento 'Informa_Dor'.

A continuación, estabelecéronse tres grupos de traballo mixtos, formados cada un por cinco xornalistas e sete representantes das entidades sociais, para debater sobre os problemas que xurden á hora da comunicacion entre ambos os dous sectores. 

Os xornalistas Belén Regueira, Xaime Leiro e Ángela Fernández Casal foron os responsables de coordinar os grupos de traballo mixtos, nos que os participantes puxeron en común cuestións como cal é a situación mediática do terceiro sector neste momento, a función social dos medios na sociedade, a participación dos medios de comunicación na construción das entidades sociais ou o papel do terceiro sector no xornalismo social; tentando achegar propostas para mellorar a comunicación e a presenza nos medios das organizacións sociais.

Tras unha pausa, puxéronse en común as conclusións dos distintos grupos de traballo. Entre elas destacan a necesidade de establecer redes de contactos de mutua confianza entre entidades e xornalistas, evitar a estigmatización da enfermidade mental e coidar especialmente a linguaxe nas informacións referidas a este colectivo.

O networking está encadrado dentro do programa da Fundación Barrié Que facer para comunicar mellor desde o Terceiro Sector social, que se iniciou o pasado martes 26 de setembro cun obradoiro, de carácter eminente práctico, para proporcionar ás entidades sociais consellos e ferramentas que lles permitan mellorar a comunicación das súas accións.

CPXG