O Colexio de Xornalistas e "la Caixa" convocan a segunda edición de 'Xornalismo na Escola'

Obradoiro da primeira edición de Xornalismo na Escola

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social 'la Caixa' convocan a segunda edición da iniciativa Xornalismo na Escola, na que profesionais en paro impartirán xornadas didácticas sobre comunicación a alumnos de 3º e 4º da ESO. Nesta ocasión, aumentan as prazas e seleccionaranse nove xornalistas parados para impartir os talleres.

As xornadas impartiranse un total de 90 obradoiros para escolares de 3º e 4º da E.S.O, distribuidos entre I.E.S de toda a comunidade. Para impartir os talleres, convócanse nove prazas ás que poderán concorrer calquera colexiado ou colexiada do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, que acredite atoparse en paro, tendo preferencia aqueles que se encontren en situación de desemprego de longa duración.

As persoas interesadas en impartir as xornadas deben enviar antes das 19:30 horas do 30 de novembro a documentación que figura no anexo das bases e un breve curriculo por correo electrónico xornalistas@xornalistas.gal

Os IES interesados nos obradoiros poden tamén solicitalos a través do correo xornalistas@xornalistas.gal, indicando un teléfono ou mail para contactar coa persoa responsable da actividade.

Máis de sesenta talleres na primeira edición

A primeira edición de ‘Xornalismo na Escola’ levou con grande éxito nos meses de marzo, abril e maio do 2016 máis de sesenta talleres de comunicación a case corenta puntos da xeografía galega. Lugares como Arteixo, Arzúa, O Barco, Barro, Cambre, Monforte, Muros, Negreira, Sada ou Salvaterra foron algunhas das localidades ata onde chegaron os obradoiros.

Este proxecto é posible a un convenio de colaboración coa Obra Social 'la Caixa', quen leva realizando dende fai anos este mesmo proxecto en Cataluña, Madrid e Sevilla.

Consulta as bases no documento anexo.

CPXG