O Colexio de Xornalistas expresa o seu fondo pesar polo falecemento de Juanjo Gallo

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) quere expresar o seu fondo pesar polo falecemento de Juan José Gallo Ramos, xornalista que exercía desde hai dúas décadas a xefatura de prensa da Deputación da Coruña.
A súa desaparición causa unha gran dor entre a profesión xornalística, especialmente na provincia e na cidade da Coruña, onde desenvolveu o seu labor nos últimos anos. A gran profesionalidade, a cordialidade e a amabilidade coas que desempeñou as súas funcións fixeron que contase co afecto, o aprezo e o respeto de tódolos xornalistas cos que tratou.

A Xunta de Goberno do CPXG, en nome do conxunto de profesión, quere trasladar as súas condolencias a familiares, amigos e compañeiros dun xornalista que tamén era, como colexiado, membro desta institución.

Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia