O Colexio de Xornalistas felicítase pola liberación de José Cendón e Colin Freeman
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) quere expresar publicamente a súa satisfacción pola liberación do fotógrafo galego José Cendón e do seu compañeiro británico Colin Freeman, segundo confirmou hoxe o Goberno español. Ámbolos dous foran secuestrados o pasado 26 de novembro na rexión de Puntlandia, en Somalia, cando remataban unha reportaxe sobre a piratería para o xornal Daily Telegraph.
O Colexio de Xornalistas felicita expresamente á familia de Cendón, que reside en Santiago e coa que mantivo contacto ó longo destes días a través do seu decano, Xosé Manuel Pereiro. O órgano de representación do xornalismo galego ponse de novo á súa disposición para todo o que precisen.
A Xunta de Goberno do CPXG quere salientar o traballo desenvolvido por xornalistas que, como Cendón, se desprazan ós lugares de conflicto co obxectivo de informarlle ó conxunto da sociedade do que alí acontence. Esta tarefa é especialmente significativa cando, como no caso de Somalia, se dá a coñecer unha realidade dramática que non capta habitualmente a atención mediática.
Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2009
Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG)