O Colexio de Xornalistas lamenta o despedimento de 10 traballadores de 'El Progreso'
O grupo editorial El Progreso despediu a primeira hora de esta tarde a dez traballadores, entre eles a tres informadores, Ángeles Maira, Pepe Álvez e Alberto Teijeiro, invocando as perdas económicas deste exercicio.
Os dez profesionais foron convocados sobre as 13 horas de hoxe á sede do diario, onde recibiron a carta de despedimento e a información de que xa se lles ingresara o importe da multa por non telos avisado cos 15 días de antelación obrigados. Ángeles Maira, redactora, levaba preto de tres décadas vencellada ao diario 'El Progreso'. O fotógrafo Pepe Álvez tiña contrato coa empresa desde 1975 e entrou en nómina en 1980. Segundo o convenio do xornal lucense, o vindeiro ano, ao cumprir 61, podería acollerse á xubilación anticipada. Alberto Teijeiro era redactor da sección de deportes.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lamenta o despedimento destes traballadores da información, tanto no fondo como na forma en que se produciu. Así mesmo, O CPXG reitera unha vez máis que a información non é algo que se poda producir mediante procesos industriais que nos que se poden aforrar custes de man de obra, senón que precisa bos profesionais. Por iso demanda da empresa que, para contrarrestar a crise de vendas e publicidade que afecta á prensa toda, procure reducir outros aspectos da produción antes que os laborais, porque eses inciden directamente na calidade do produto que ofrece.
Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia