O Colexio de Xornalistas lamenta o falecemento de José Luis Outeiriño

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, no nome de toda a profesión, recibe con tristura a nova do falecemento onte en Ourense do presidente de honor de La Región, José Luis Outeiriño, e traslada as súas condolencias á familia e achegados.

Nado en Ourense en 1935, Outeiriño desempeñou un papel central no mundo da comunicación galega, sendo fundador de La Región Internacional, Atlántico Diario e Ferrol Diario, ademais de presidir medios como a Axencia Galega de Noticias, Telemiño, o Grupo La Región ou Rías Baixas Comunicación. Ostentou tamén a vicepresidencia da Agrupación de Editores de Diarios Españoles (AEDE) e recibiu en 1996 o Premio Galicia de Comunicación e en 2005 a Medalla Castelao. 

O decano do Colexio  Profesional de Xornalistas de Galicia, Francisco X. González Sarria, fixo chegar esta mañá as súas condolencias ao director de La Región, Xosé Pastoriza Martínez. A Xunta de Goberno quere trasladar tamén o seu pésame a o seu fondo pesar á familia, persoas achegadas e profesionais afectados por este falecemento.

Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia