O Colexio de Xornalistas lamenta profundamente o falecemento de Alfredo Vara

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, no nome de toda a profesión, quere transmitir ás súas condolencias polo falecemento do xornalista e colexiado Alfredo Vara Fernández e expresar o seu apoio á familia e amigos nestes duros momentos.

Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, Alfredo Vara foi un xornalista de longa traxectoria ligada a La Voz de Galicia, durante máis de vinte anos tratando a información local en Ourense e durante outros quince responsabilizándose sucesivamente das áreas de Nacional e Internacional e de Fin de Semana. Foi tamén director de Diario 16 logo de que o Grupo Voz adquirira a cabeceira.

A Xunta de Goberno do CPXG, en nome do conxunto de profesión, quere expresar o seu fondo pesar pola morte deste compañeiro moi apreciado. O funeral terá lugar mañá sábado 26 ás 15:00 horas no tanatorio Albia na Grela (A Coruña), tras a que se realizará a incineración.

Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia