O Colexio de Xornalistas lamenta profundamente o falecemento de Pablo L. Orosa

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, no nome de toda a profesión, quere transmitir ás súas condolencias polo falecemento do xornalista e colexiado Pablo López Orosa e expresar o seu apoio á familia e amigos nestes duros momentos.

Pablo López Orosa (Oza, 1985) era Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e traballou como freelance para numerosos medios, informando desde países do sueste asiático, América Latina e África. Os seus traballos recolléronse en medios como su labor periodística se ha recogido también en otros medios de comunicación como El País, El Mundo, eldiario.es, Público, La Marea, La Razón, Gara, Jot Down ou Luzes. Foi tamén correspondente da axencia Efe na Coruña e fundou a revista Achtung!. O ano pasado, ademais, publicou o seu primeiro libro, Fálame do silencio (Xerais). Acababa de regresar de Mozambique, desde onde informara de temas como as últimas eleccións ou a loita contra o analfabetismo. 

A Xunta de Goberno do CPXG, en nome do conxunto de profesión, quere expresar o seu fondo pesar pola morte deste compañeiro moi apreciado. O funeral terá lugar hoxe, 18 de novembro ás 17:00 horas na igrexa de San Nicolás de Cines (Oza-Cesuras).

Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia