O Colexio de Xornalistas manifesta a súa indignación polo caso do fotógrafo Rafa Estevez
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) manifesta a súa profunda indignación polo caso do fotorreporteiro do Diario de Pontevedra Rafael Estevez cando facía o seu traballo á chegada dos deportistas olímpicos galegos ao aeroporto de Peinador, detido por unha presunta agresión a un axente de policía.
Un xuíz decidirá se Estevez escolleu unha concentración multitudinaria chea de xente, medios de comunicación, autoridades e deportistas famosos para cometer ese delito que ninguén ao parecer viu, ou algún axente confundiu os golpes que máis veces das que se quere se dan ou se reciben neste tipo de aglomeracións.
Pero o que podemos decidir todos os que vimos as imaxes da detención é o uso desproporcionado da forza, a humillación innecesaria, a vinganza inmediata e in situ, sen importar quen estea diante, contra un cidadán que quizás cometeu un delito, non contra un atracador armado. E tamén podemos imaxinar que se esa actitude se dá en pleno día, nun lugar público e con esas testemuñas de excepción, que non pasará noutras circunstancias e que grao de fiabilidade lle podemos ter a determinadas actuacións policiais.
Por todo elo, este Colexio Profesional, organismo de dereito público que representa legalmente a toda a profesión, manifesta a súa solidariedade con Rafael Estevez, e elevará unha queixa formal á Delegación do Goberno, así como unha petición de entrevista co seu titular, dado que esta non é a primeira ocasión nos últimos meses en que temos que dirixirnos a esa institución por motivos similares.
Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia