O Colexio de Xornalistas organiza o vindeiro xoves a xornada 'Desinformación e ameazas á liberdade de expresión'

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia organiza a xornada Desinformación e ameazas á liberdade de expresión: Retos do xornalismo ante a irrupción dos extremismos, que terá lugar o vindeiro xoves 28 de novembro no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC (Avenida de Castelao, s/n), en horario de 9:00 a 19:30 horas. Programa completo aqui.

O Colexio formula este debate ante a aparición de diferentes fenómenos que aumentan o peso da desinformación no panorama mediático. A proliferación de bulos e noticias falsas non é un fenómeno novo, mais o xornalismo ten a obriga de reflexionar sobre a súa expansión e de reformular as ferramentas para combatela.

Nesta xornada reuniranse xornalistas como Paolo Berizzi, Marta Peirano ou Edith Rodríguez, especializados en extremismos, desinformación e ataques á liberdade de expresión, que ofrecerán cadansúa conferencia. Ademais terán lugar tres mesas redondas con xornalistas, responsables de verificación e fact-checking e representantes do ámbito académico, cuxos nomes se poden ver no programa

A inscrición na xornada é gratuíta até completar o aforo do auditorio. Para asistir é preciso apuntarse a través deste formulario . Ás persoas asistentes entregaráselles un diploma acreditativo. 

Máis información sobre a xornada aquí

CPXG