O Colexio de Xornalistas organiza unhas xornadas sobre desinformación para o xoves 28 de novembro

O Colexio de Xornalistas está a organizar as xornadas Desinformación e ameazas á liberdade de expresión: Retos do xornalismo ante a irrupción dos extremismos que se celebrarán o xoves 28 de novembro na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e contarán con expertos como Paolo Berizzi, Marta Peirano ou Edith Rodríguez.

Preocupado ante a expansión, cada vez maior, de bulos, fake news e outros procesos de desinformación, o Colexio de Xornalistas está a organizar unha xornada para estudar como combater este fenómeno, baixo o título Desinformación e ameazas á liberdade de expresión: Retos do xornalismo ante a irrupción dos extremismos. A xornada terá lugar o vindeiro xoves 28 de novembro no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. 

Entre os nomes do programa que se dará a coñecer a vindeira semana están Paolo Berizzi, xornalista de La Repubblica, a xornalista e experta en tecnoloxía Marta Peirano ou Edith Rodríguez, relatora de Reporteiros Sen Fronteiras para España. Ademais diso, xornalistas, responsábeis de verificación e representantes da universidade debaterán sobre os retos que as tentativas de desinformación supoñen para o exercicio da comunicación. Un nutrido programa para reflexionar sobre un dos temas que máis ínquedanza está a causar na actualidade no mundo do xornalismo.

O programa e o formulario de inscrición nas xornadas estarán dispoñibles a vindeira semana na web do CPXG. A asistencia é gratuita para colexiados e estudiantes de xornalismo. O número de prazas é limitado e asignarase por orde de chegada das solicitudes. Os asistentes recibirán un certificado acreditativo.

CPXG