O Colexio de Xornalistas pon en marcha a partir de hoxe 'As Portadas do Día'

O Colexio de Xornalistas pon en marcha a iniciativa 'As Portadas do Día", coa que vai compartir a partir de hoxe as capas do día dos distintos xornais  a través de Twitter.

Co cancelo #AsPortadasDoDía, a conta de Twitter do Colexio compartirá a partir de hoxe catro capas diarias dos xornais da nosa contorna, contribuindo así a difundir o traballo dos e das xornalistas.

As portadas escollidas serán distintas cada día, de maneira que estean representados todos os xornais galegos en papel, así como os máis representativos xornais dixitais da nosa comunidade. Ademais diso, todos os días se escollerá tamén un periódico estatal ou internacional.

CPXG