O CPXG asina o Compromiso Público polo Emprego e a Profesión Xornalística e trasladará o seu contido á sociedade galega

Representantes dos colexios profesionais e outras organizacións asinantes do Compromiso Público polo Emprego e a Profesión Xornalística (Foto: CPPA)

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia participou este sábado 4 na presentación en Sevilla do acordo Compromiso Público polo Emprego e a Profesión Xornalística, unha iniciativa que pretende comprometer co xornalismo a todas as administracións, en todos os territorios e nos distintos niveis de organización, tanto local como provincial e autonómico.

O documento, impulsado polo Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía pretende non só que as administracións tomen conciencia dop papel fundamental que xogan os profesionais da comunicación no Goberno da cousa pública senon tamén que se comprometan a dar os seguintes pasos: creación e dotación de postos de estrutura claramente definidos para o desenvolvemento das funcións propias do xornalismo no ámbito da comunicación social e institucional; que para realizar estas funcións sea criterio de selección e acceso ao posto estar en posesión do título universitario correspondente en xornalismo, comunicación audiovisual ou equivalente; e que as administracións apliquen os mesmos principios na contratación a terceiros destes servizos cando se opte pola externalización destas actividades.

A presentación do acordo tivo lugar dentro do I Encontro de Colexios Profesionais de Xornalistas de España celebrado esta fin de semana en Sevilla, e nela interviron a decana do colexio andaluz, Eva Navarrete, e o vicedecano do Col·legi de Catalunya, Marc Vidal, e a decana do Colegio de Asturias, Lucía Fraga, como representantes dos colexios máis antigo e mais novo, respectivamente. Nas súas intervencións, destacaron como "desde hai décadas, as universidades españolas imparten as titulacións que confiren a formación necesaria para o desempeño das funcións propias do xornalismo e a comunicación audiovisual” e por tanto “estas titulacións teñen que ser reconocidas e esixidas polas administracións para a ocupación de postos específicos para estes perfís profesionais”.

Na liña doutras iniciativas desenvolvidas para o recoñecemento das titulacións propias, o Colexio de Xornalistas asina e apoia o Compromiso Público polo Emprego e a Profesión Xornalística. Nos vindeiros meses, trasladará o contido do acordo a organizacións sindicais, facultades de comunicación e outros actores relacionados coa profesión xornalística en Galicia para conseguir o máximo apoio para esta iniciativa na nosa comunidade. 

Actualmente, o acuerdo conta co apoio de todos os colexios profesionais de xornalistas (Asturias, Cataluña, Castela e León, Galicia, Murcia, País Vasco e A Rioxa) e co das asociacións da prensa de Cantabria e Navarra, que están en vías de creación de candanseu colexio profesional. Mostraron tamén o seu apoio as organizacións sindicales CCOO Andalucía, UGT Andalucía, CSI-F, o SPA e UITA; a FAPE e as Asociaciones da Prensa de Huelva, Cádiz, Xerez, Campo de Xibraltar, Almería, Granada, Córdoba, Xaén, Málaga y A Rioxa e a Facultade de Comunicación da Universidade de Sevilla e os centros universitarios EUSA, Loyola e CEADE.

CPXG