O CPXG condena a agresión a un xornalista en Oia
A Xunta de Goberno do CPXG denuncia a agresión ao correspondente de La Voz de Galicia no Val Miñor, Alejandro Martínez, que foi insultado e zarandeado cando fotografaba as obras de derrubo dunha planta dun establecemento hostaleiro na parroquia de Viladesuso, no concello de Oia, en cumprimento dunha sentencia que ordenaba desmontar a ampliación do edificio por considerala ilegal.
O xornalista foi increpado presuntamente polos responsables do establecemento, que ademais lle quitaron a cámara.
Recentemente, os tribunais condenaron ao agresor doutro xornalista do mesmo medio, Serxio González, neste caso producida en Vilagarcía de Arousa. O xornalista fora ameazado en febreiro de 2011 por José Abuín Duro, irmán do ex concelleiro do PSOE de Vilagarcía, Marcelino Abuín, quen o ameazou, cuspiulle na cara, insultouno e recriminoulle as informacións que realizara na edición do Salnés de La Voz de Galicia.
Ambos os dous casos teñen en común que a orixe dos ataques está no labor profesional dos xornalistas, de xeito que, ademais de se trataren de agresións físicas ou verbais, son tentativas de coartar a liberdade de expresión dos profesionais da comunicación e o dereito á información de toda a cidadanía.
Por estes motivos, a Xunta de Goberno do CPXG quere mostrar a súa repulsa perante estes ataques e a súa solidariedade cos profesionais agredidos, ademais da súa satisfacción pola condena ditada polos tribunais no segundo caso. Estes e outros ataques á liberdade de expresión e información non teñen cabida en ningunha sociedade democrática.
Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia