O CPXG condena as coaccións aos traballadores da CRTVG

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) expresa a súa condena ao asalto ás instalacións da CRTVG en San Marcos, a primeira hora da tarde de onte, por parte dun grupo de persoas que se identificaban como afectados polas participacións preferentes.
O CPXG que mostrar a súa solidariedade cos traballadores que sufriron presións e viron invadido o seu lugar de traballo.

Independentemente da comprensión que poda suscitar calquera colectivo afectado por unha situación destas características, e da crítica lexítima que podan facer da liña editorial dun medio, exercela desa forma é condenable e invalídaa de raíz. Os criterios de elaboración da información deben ser sempre profesionais, e pretender influir neles, sexa pola coacción física ou por intereses políticos ou económicos é inadmisible.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2012
Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia