O luns 1 de abril preséntase a IX Edición da Bolsa ‘Nacho Mirás’ para xornalistas noveis
O vindeiro luns 1 de abril vai ter lugar a presentación da novena edición da Bolsa ‘Nacho Mirás’ para xornalistas noveis, organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e patrocinada por Abanca, coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. O acto terá lugar ás 11:00 horas no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC (Avda. de Castelao s/n), en Santiago de Compostela.