O CPXG inicia unha serie de entrevistas sobre a cobertura informativa da pandemia
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia inicia este venres unha serie de conversas con xornalistas que traballan na cobertura informativa da covid-19, co propósito de salientar o papel do xornalismo na pandemia e de alentar a reflexión conxunta sobre o tratamento informativo da alerta sanitaria.
Estas entrevistas, que contarán cun espazo propio en xornalistas.gal, serán un contido exclusivo para colexiados e colexiadas, á que poderán acceder cos seus contrasinais. Ademais, a través do boletín F5, os colexiados e colexiadas recibirán un avance da publicación cuxo texto completo estará publicada no espazo privado da web.
A serie de entrevistas comeza este venres 22 de outubro cunha conversa con María Piñeiro, xornalista de El Progreso especializada en Sanidade, e autora do manifesto do CPXG no Día da Liberdade de Prensa de 2020.
23.10.2020: María Piñeiro: "Non podemos permitirnos que os lectores se aburran da pandemia".
30.10.2020: David Lombao: "Datos como os casos novos diarios non significan nada sen contexto".
13.11.2020: Tamara Montero: ″Unha incidencia acumulada por si soa non explica unha pandemia″.
20.11.2020: Manuel Rey: “Non todos os científicos son seres de luz, tamén teñen intereses”.
27.11.2020: Jessica Mouzo: "A información da COVID é de todos, non é patrimonio de ningún Goberno".
04.12.2020: Ana Blasco: ″Necesitamos maior profundidade e perspectiva na análise dos datos da pandemia″.
15.01.2021: Fernando Varela: "A descapitalización humana dos medios vai pasar unha factura enorme".
29.01.2021: Luís Pardo: "Que todo o mundo improvisa desde marzo é unha realidade".
05.02.2021: Ubaldo Cerqueiro: "Non ten sentido saber máis de Madrid ou Washington que do concello do lado".
12.02.2021: Beatriz Vila Couto e Susana R. Castro: "Coa pandemia volvemos poñer o foco nos feitos".
19.02.2021: Xan Freire: “A precarización dos medios públicos fixo que a tecnoloxía se antepuxese ao xornalismo”.
26.02.2021: Natalia Alonso: "Debemos esforzarnos en que a atención á ciencia non decaia despois da pandemia".
CPXG