O CPXG participa no Simposi sobre Llibertat de Premsa que se celebra esta semana en Lleida

A demarcación de Lleida do Col·legi de Periodistes de Catalunya e a Universitat de Lleida organizan unha nova edición do Simposi sobre Llibertat de Premsa, que este ano vai centrarse na temática do xornalismo responsábel. Xan Codesido participa no programa en representación do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

O IV Simposi sobre Llibertat de Premsa, que se celebrará o vindeiro dous e tres de maio no Salón de Actos do edificio do Reitorado da Universitat de Lleida, contará con ponentes que debaterán sobre o tratamento informativo ante a diversidade (LGBTI, inmigración, feito relixioso), ante as vítimas (traxedias, violencia de xénero, infancia) e a responsabilidade do xornalista ante o conflito.

Xan Codesido, membro do Pleno Territorial do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e redactor dos Servizos Informativos da TVG participara na mesa redonda O xornalismo ante as víctimas que se vai realizar o xoves 3 de maio entre as 12:00 e as 13:30 horas, coa ponencia "Traxedias: A empatía do xornalista".

Programa das xornadas

2 de maig

16-18 h Obradoiros Simposio Liberdade de Prensa

18:30 h Mesa de autoridades. Inauguración. Conferencia inaugural a cargo de Carles Prats, membro da Xunta de Goberno do Col·legi de Periodistes de Catalunya e xornalista en TV3. Presenta: Lorena Metaute, xornalista do diario Segre.

3 de maig

10-11:30 h O xornalismo responsábel ante a diversidade. Modera: David Velasco, director do grupo COPE en Lleida e Tarragona.

LGBTI: Identidades LGBTI e discurso xornalístico: retos pendentes na cobertura de sexualidades non normativas, Adolfo Carratalá, profesor de Xornalismo da Universitat de València.

Immigración: Xornalismo ético o xornalismo correcto? Que temos e que queremos. Jose Peñín, responsábel de prensa de SOS Racismo.

Feito relixioso:  A diversidade religiosa nos medios: un longo camiño por percorrer, Laura Fanals, xornalista do Diari de Girona.

12-13:30 h O xornalismo ante as víctimas. Modera: Xavier Manau, responsábel da edición dixital do diario La Mañana.

‘Tratamento informativo da infancia’: Intervención de M.  Jesús Larios,  adxunta ao Síndic de Greuges, protección da infancia e da adolescencia.

Mesa redonda

Traxedias: A empatía do xornalista, Xan Codesido, Membro do Pleno Territorial do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e redactor dos Servizos Informativos da TVG.

Violencia de Xénero:  Violencia machista e violencia mediática, Ana Bernal Triviño, profesora doctora da UOC e xornalista

16:30 h-17:30 h A responsabilidade do xornalista ante o conflicto. Modera: Rosa Maria Calaf, xornalista.

Xavier Giró, codirector do mestrado en Comunicación de Conflictos Armados, Paz e Movementos Sociais (Universitat Autònoma Barcelona).

Ramón Lobo, xornalista.

17:30-18 h Conclusións dos obradoiros e das mesas.

18 h-18:45 h Clausura a cargo de Carlos Quílez, xornalista de ‘Crónica Global’.

18:45 h Mesa de autoridades de clausura.

Máis información na web do Col·legi de Periodistes.

CPXG