O CPXG permanecerá pechado do 5 ao 27 de agosto

Por descanso vacacional, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) vai permanecer pechado entre os vindeiros días 5 e 27 de agosto, ambos os dous incluídos, retomando a súa actividade normal a partir do luns 28 de agosto.

Durante este tempo os colexiados do CPXG poderán continuar poñéndose en contacto co colexio a través do enderezo electrónico xornalistas@xornalistas.gal.

O luns 28 de agosto reiniciarase a súa actividade en horario de verán ata o 30 de setembro, como establece o convenio provincial, de 8 a 15 horas.

CPXG