O CPXG presenta un Informe sobre a convocatoria de prazas de comunicación en administracións e empresas públicas
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) presentou este martes o "Informe sobre a convocatoria de prazas de comunicación en administracións e empresas públicas".
Neste relatorio recóllense diversas convocatoria para cubrir prazas de responsables de prensa ou similares, en diferentes administracións e empresas públicas que non esixen nin titulación en Xornalismo nin noutras especialidades da comunicación.
O "Informe sobre a convocatoria de prazas de comunicación en administracións e empresas públicas" realizado polo Colexio de Xornalistas recolle até cinco exemplos distintos de prazas convocadas desde febreiro de 2009 nos que non se requería a titulación adecuada para postos de comunicación. As administracións e empresas públicas continúan, por tanto, unha mala práctica, moi asentada, que convirte a profesión da comunicación, en xeral, nunha das que maior índice de intrusismo presentan.
A situación antes descrita, especialmente censurable ó tratarse de convocatorias feitas por institucións públicas, afecta gravemente a aqueles profesionais que cursaron os estudos oficiais e que poden acreditar cun título universitario os coñecementos precisos para o desenvolvemento das tarefas do ámbito da comunicación. Os seus intereses persoais e profesionais constrínxense ao ter que competir con persoas que non terían dereito a optar por ese determinado posto, ao non posuír a titulación esixida para realizar esas actividades
En concreto, analízanse convocatorias de Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, das deputacións de Lugo e Ourense e dos concellos de Tui e Culleredo. O Sindicato de Xornalistas de Galicia advertiu dunha situación similar no Concello de Arzúa, mais non puido ser debidamente contrastada polo Colexio de Xornalistas para a súa inclusión no informe.
O CPXG, creado pola Lei 2/1999, do 24 de febreiro, do Parlamento de Galicia, naceu, entre outras razóns, para acabar con esta situación, que afecta gravemente a aqueles profesionais formados nas universidades ou a aqueles que antes da creación do Colexio tiñan desenvolvido un traballo profesional que acreditaba as súas condicións para realizaren as tarefas relacionadas coa comunicación.
Desde o seu nacemento, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia traballou arreo para evitar estas prácticas de intrusismo en diferentes ámbitos, como o Foro de Organizaciones de Periodistas, ou con iniciativas como o Estatuto do Xornalista que se debate no Congreso dos Deputados.