O Parlamento Europeo alerta sobre a falta de pluralidade dos medios nos estados membros da UE

Parlamento Europeo

O informe A comparative analysis of media freedom and pluralism in the EU Member States, teito público polo Parlamento Europeo, alerta sobre o deterioro da liberdade de información e o pluralismo mediático en toda a Unión Europea.

O Parlamento Europeo vén de facer público o informe A comparative analysis of media freedom and pluralism in the EU Member States, realizado polo Departamento para os Dereitos dos Cidadáns e dos Asuntos Constitucionais, que alerta sobre o estado da liberdade de información ao longo de Europa. O relatorio analiza polo miúdo os casos de Bulgaria, Francia, Grecia, Hungría, Italia, Polonia e Romanía.

O relatorio considera que a independencia e o pluralismo dos medios de comunicación están a sufrir un deterioro en todos os estados da UE, como consecuencia da combinación do poder das corporacións económicas e o poder político para exercer presión sobre os medios de comunicación, cada vez máis debilitados polas dificuldades culturais e financeiras. Por todo isto, estima que os medios de comunicación teñen cada vez máis difícil poder desempeñar o seu papel de observador independente, dado que ningún estado membro cumpre con todos os requisitos para que haxa pluralismo informativo.

Como solucións para paliar esta situación, o Departamento para os Dereitos dos Cidadáns e dos Asuntos Constitucionais recomenda monitorizar o pluralismo dos medios mediante unha comisión de expertos, estabelecer regulamentos claros sobre a concesión de subvencións e publicidade institucional aos medios, asegurar o pluralismo mediático no medio audiovisual, crear e manter unha base de datos de transparencia sobre a propiedade dos medios e clarificar os dereitos e obrigas dos servidores de internet. 

CPXG