O periódico 'Negocio' ofrece a destacados empresarios e profesionais dirixir a publicación por un día

O conselleiro delegado de Yoigo, Johan Andsjo, foi a primeira persoa escollida para acometer a iniciativa de 'dirección por un día' do periódico 'Negocio', publicación económica de distribución personalizada. A iniciativa consiste en ofrecer a destacados empresarios e profesionais a posibilidade de dirixir por un día o periódico.
Con esta medida, pioneira en España, os responsables de 'Negocio' pretenden achegar o xornalismo económico ós seus principais axentes e destinatarios, con obxecto de favorecer un mutuo coñecemento, segundo informou a empresa editora nun comunicado.

"O sector da prensa económica no noso país require aires novos e ideas frescas, porque en xeral está anquilosado; hai que varear a oliveira para que caian olivas", declarou o director do medio, José Enrique Rosendo, ó presentar onte o proxecto publicamente.

O primeiro dos convidados, Johan Andsjo, que onte dirixiu o periódico, encargándose de coordinar os contidos das diversas seccións ademais de elaborar a portada e os editoriais, foi electo para inaugurar esta iniciativa, segundo a empresa, "dado o seu dobre carácter de executivo dunha gran empresa, á que chega para implantar unha nova operadora de telefonía tras as múltiples dificultades rexistradas en Xfera, e a súa condición de estranxeiro, o que seguro dará un toque máis orixinal ó periódico que elabore".

MADRID
ESTRELLA DIGITAL / EFE