O Sindicato de Xornalistas chama aos profesionais a organizarse ante a crise

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) e a Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP) súmanse á xornada de mobilización en defensa da profesión, convocada pola Federación Europea de Xornalistasbaixo o lema "En pé polo xornalismo", hoxe día 5 de novembro.
O SXG denuncia que esta lacra é especialmente importante en Galicia. Segundo datos facilitados polo propio secretario xeral da Comunicación, Fernando Salgado, no Parlamento de Galicia, o 50% dos profesionais do sector traballa en precario.

As empresas siguen a declarar grandes ganancias

Por iso nesta xornada rexeitamos rotundamente as accións das empresas de comunicación que, baixo o pretexto da actual situación de crise económica, levan a cabo unha perversa política de regulación encuberta dos seus persoais. A diminución real da publicidade, que afecta a algunhas delas, non xustifica estas manobras cando moitos deses medios seguen declarando importantes ganancias.

Estas políticas salvaxes contra o emprego dos traballadores dos medios tamén prexudicarían aos cidadáns, pola forte deterioración da calidade da información que reciben.

Reclamamos dos lexisladores que, con urxencia, aproben unha lei de regulación laboral da profesión xornalística que acabe coa explotación dos xornalistas "á peza", que afecta a máis do 30% dos informadores e que constitúe unha fraude á Seguridade Social de millóns de euros, permanente e consentido polas autoridades.

Facemos un chamamento ao Goberno e aos lexisladores para que cumpran coa súa obrigación de garantir o dereito á información da cidadanía; para o que é imprescindible unha lei que regule ese dereito á que se comprometeu varias veces o partido no Goberno estatal, o PSOE.

Esiximos que esa lei reguladora do dereito á información garanta como mínimo a liberdade de acceso ás fontes, a existencia de comités de redacción nos medios, que regule o acceso á profesión, preserve os dereitos de autoría dos informadores, impoña o cumprimento das normas deontolóxicas da profesión e contemple a creación dunha autoridade da información independente que asegure aos cidadáns o seu dereito a recibir información veraz, plural e completa.

Só respondendo a estas xustas demandas dos profesionais da información poderán dicir os nosos parlamentarios que cumpren coa súa obrigación de protexer un dereito fundamental que é básico para preservar a democracia real.

Organizarse ante a crise

Coa escusa da crise, os empresarios están a tentar facer aínda máis precarias as condicións laborais na industria da información mediante despedimentos, abuso de bolseiros, falsos autónomos e prolongación das xornadas de traballo. Ante esta ofensiv}gÊL0õM NO DIRECTOR CONFIRMA A INTENCIÓN DE REDUCIR A TEMPORALIDADE Ó 18%â„¢A CRTVG defende unhas contas "austeras" e unha xestión "rigorosa" que en 3 anos reduciu a débeda en 38,3 millónsQO director da Compañía de Radio Televisión de Galicia, Benigno Sánchez, defendeu hoxe que os orzamentos para o próximo exercicio son unhas contas "austeras", que "permitirán impulsar" o sector audiovisual de Galicia, e feitas para afrontar con "tranquilidade" 2009.*Tamén puxo en valor a xestión realizada nos últimos tres anos, coa que se reduciu a débeda histórica en 38,3 millóns de euros ó pasar de 102,4 millóns ós 64,1 actuais.

Na súa comparecencia na Comisión 3ª de Economía e Orzamentos, Benigno Sánchez precisou que da baixada total, 20 millóns, se corresponden á devolución do IVA e o resto &