O xornalista Kapuscinski, acompañado por miles de polacos na súa última viaxe
Acompañado de miles de polacos, o escritor e xornalista Ryszard Kapuscinski emprendeu onte a súa última viaxe, desde a igrexa católica da Santa Cruz de Varsovia ó Cemiterio Militar, onde recibiu sepultura na avenida dos Profesores.
Nesa avenida, unha das reservadas para as figuras máis relevantes da arte, a cultura e a ciencia, repousan xa os restos mortais de Kapuscinski, falecido fai oito días, ós 75 anos, como consecuencia dun paro cardiaco e tras unha complicada intervención cirúrxica. Antes celebrárase un funeral na igrexa da Santa Cruz ó que asistiron, ademais de familiares e amigos do escritor, o presidente da República, Lech Kaczynski e o ministro de Cultura, Kazimierz Ujazdowski.
Na misa, presidida polo primado da Igrexa católica polaca, cardeal Jozef Glemp, o sacerdote Piotr Pawluszkiewicz resaltou que "Kapuscinski sempre permitiu ó seu interlocutor que mantivese as súas ideas sobre o mundo, a súa propia singularidade".
VARSOVIA
EL CORREO GALLEGO
R. L. Z.